A boleio

14 novembro 2006

Grande

E a palabra que mellor define a noite de onte. A noite na que compartin escenario con Neil Delamere, un humorista de The Panel (RTE 2). Todo comezou cando Lorna (profesora de espanhol da escola), Fran, Eadenn (companheiras de piso da anteriormente citada) e mais eu fomos a Ballybofey, uma desas aldeas nas que todos comparten misteriosamente o mesmo apelido, para ver un show en plan monologos. O tal Neil saiu de ultimo e, ao pouco de comezar, fixo uma conha sobre Cork, tralo cal preguntou se alguen do publico era desa cidade. Ai saltou Lorna defendendo a sua patria, e o Neil preguntoulle sobre a sua profesion. De ai a enterarse de que habia un espanhol entre o publico houbo un paso. Primeiro limitouse a facer conhas do tipo "anda, asi que ti es un dos que nos rouban o peixe", pero cando se enterou de que era profesor nun colexio feminino xa non houbo forma de paralo. De cada 2 conhas eu era o protagonista de alomenos uma... que maneira de rir... paseino (pasamolo) de medo, pero o mellor foi o final, cando me pediu que subise ao escenario a dicir algo en espanhol para despedir o show, o que fixen encantado (e en estado catatonico). Asi que podo dicir que compartin escenario cun humorista irlandes que sae en television todalas semanas (luns as 10), que fechei eu o show, e que estas foron as minhas palabras de despedida:

YA CUNT YA!!!!!

So queria compartir convosco un dos momentos mais graciosos da minha existencia, agora pasarei todolos luns pegado ao televisor para ver se fala de min...

Saudos

4 Comentários:

  • Em 9:23 da manhã, Blogger jose said…

    Joder, Juan!! Vaste facer o dono da illa a pouco que te deixen... Quen o diría, o Juan en plan "Clube da Comedia". No comments

     
  • Em 9:23 da manhã, Blogger jose said…

    Joder, Juan!! Vaste facer o dono da illa a pouco que te deixen... Quen o diría, o Juan en plan "Clube da Comedia". No comments

     
  • Em 9:23 da manhã, Blogger jose said…

    Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

     
  • Em 3:01 da manhã, Blogger María said…

    Juan, fas q nos sintamos orgullosos!
    Sigue disfrutando.
    Beijinhos.

     

Enviar um comentário

<< Home