A boleio

15 novembro 2006

que nos atope a mañá, ailaláaaa... abrazados como amigos!

Olaaaaaaa, meus pequenos! qué alegría dá entrar aquí e ler as vosas novidades:)
Agora tócame a min: sigo na miña cidade natal, facendo o CAP (empeza a ser coñazo coñazo...) e cousas varias e variopintas, hehe. O máis divertido da semana son as clases de tango coa miña nai. Danos clase un arxentino (guapoooooo e majoooo) e somos a parella máis "cómica" da clase, xa que o resto parece que o toman bte en serio (e son parellas chico-chica). Vaia risas nos botamos. Cando queirades aprender uns pasos xa sabedes, mola moito!
A novidade máis inmediata é que igual me aventuro eu tamén a explorar terras estranxeiras. Pedín o de voluntariado europeo e o máis seguro é que en marzo marche a Leeds (norte de Inglaterra) a traballar con nenos nun cole e unha especie de guardería (vamos, o que máis me apetece!!!). Non é seguro, pero a ver se mo confirman dunha vez.
Hai un par de semanas fun a Madrid a ver o Cirque du soleil... o espectáculo "Alegría". Qué pasada!!!! encantoume, foi xenial (inda que esperaba algo máis do malabarista). Se tedes a oportunidade de ir xa sabedes:)
teño moitísimas ganas de vervos, planeo cada día escapadas aos distintos lugares onde estades... pero é que agora mesmo estou atadísima. Non se pode faltar ás clases e ando bte mal de fondos (David, a ti véxote este luns como sexa!!! inda que te teña que levantar da cama!;)
e de momento nada máis, que volvades dunha vez, que a Galicia fáltalle algo... :*

3 Comentários:

Enviar um comentário

<< Home