A boleio

24 agosto 2006

Esta noite...

... soñei con todos vós! viviamos en Betanzos(??!!) todos moi pegadiños na mesma rúa ou incluso no mesmo edificio. Eu vivía con Juan e Robis, os cuartos primeiro parecía que estaban de puta madre pero logo viamos que as camas estaban todas destartaladas. E os baños non digamos! daban medo mortal! A juan, por suposto, dáballe igual, pero Robis e máis eu estabamos todos agobiados e ibamos ver a casa do Millán se quedaban cuartos libres e nos acollía. Buff, unha paranoia desas de após o REM.
Á parte disto, eu, Judit e María estaremos en Vigo o día 8 e, con sorte, non pensamos volver (eu é que non teño tempo!) así que, se alguén vai estar por alí e quedar con nós, quedariamos a comer encantadas así que xa nos diredes.
Bicos moitos e apurade ao máximo as feiras!

0 Comentários:

Enviar um comentário

<< Home