A boleio

23 novembro 2006

Máis vale tarde que nunca...

Pois nada mozos, sen computador propio na casa e usando internet só para informarme da política comercial de China non houbo moito tempo para actualizar. Para os que aínda non teñades claro por onde ando, dicirvos que mudei os meus plans 360º e agora vivo en Santiago e estou a facer un máster de comercio exterior. Supoño que vos parecerá un tanto radical pero o caso e que en setembro vin o anuncio do máster e gustoume, pensei en gardar a info para proximos anos. Despois, tras moito pensar, decidín que este era o mellor ano para facelo porque o ano próximo o meu irmán vai comezar a uni e sería un palo pedirlles tamén os cartos para o máster... e así vai todo, polo de agora estou moi contenta. A modo anecdótico, que saibades que aquí son "a lingüista"!! hehehe! tranqui, iago, no noso grupo seguiras a ser ti o LINGÜISTA por antonomasia. Bueno, polo demais só preguntarvos onde queredes facer a quedada do Nadal. Xa sei que o noso sitio mítico é Vigo, mais penso que sería máis cómodo facelo en santiago porque Laura ten casa, Bea tan casa e au tamén teño, de feito en Nadal hai 2 camas e un sofá libres (amén de moito chan para poñer sacos de durmir rollo stansted). A outra vantaxe e que podemos cear só cos pinchos que dan coas cañas así que teríamos moitos máis cartos para tajarnos... pénsadeo meus nenos e xa diredes. Que tal o día 28/29 ?

6 Comentários:

  • Em 7:40 da manhã, Blogger Juan said…

    Mmmmm, non lle collas moito gusto a vida de estudiante, que despois o choque e mais forte, ademais en Santiago... A min esas datas parecenme ben. A dicir verdade, calquera data entre o 21 de decembro e o 2 de xaneiro pareceme ben!

     
  • Em 10:08 da manhã, Blogger jose said…

    Cala Juan, que a vida de estudiante é o mellor que hai. Eu xa a boto de menos e eso que non estou traballando nin nada... Eu se cadra tamén me acoplo.

     
  • Em 3:11 da tarde, Blogger David I El Grande said…

    não há problema em ir a Stgo :)

     
  • Em 3:19 da tarde, Blogger Uxu said…

    vale! por min vale, dá igual o sitio, o importante é o reencontro! ademais, santiago encántame:)

     
  • Em 2:39 da manhã, Blogger lau said…

    Jo, desgraciadamente ya no tengo casa:(, he vuelto a mis raíces mañas NOOOOOOOOOOOOOO! Ojalá pueda escaparme estas navidades a mi Galicia adoptiva. ¡Qué envidia me dais!

     
  • Em 2:21 da manhã, Blogger Tiagho said…

    Pois por mim tb está bem santiago. Já tenho gana d ver-vos!!!

     

Enviar um comentário

<< Home