A boleio

23 novembro 2006

Máis vale tarde que nunca...

Pois nada mozos, sen computador propio na casa e usando internet só para informarme da política comercial de China non houbo moito tempo para actualizar. Para os que aínda non teñades claro por onde ando, dicirvos que mudei os meus plans 360º e agora vivo en Santiago e estou a facer un máster de comercio exterior. Supoño que vos parecerá un tanto radical pero o caso e que en setembro vin o anuncio do máster e gustoume, pensei en gardar a info para proximos anos. Despois, tras moito pensar, decidín que este era o mellor ano para facelo porque o ano próximo o meu irmán vai comezar a uni e sería un palo pedirlles tamén os cartos para o máster... e así vai todo, polo de agora estou moi contenta. A modo anecdótico, que saibades que aquí son "a lingüista"!! hehehe! tranqui, iago, no noso grupo seguiras a ser ti o LINGÜISTA por antonomasia. Bueno, polo demais só preguntarvos onde queredes facer a quedada do Nadal. Xa sei que o noso sitio mítico é Vigo, mais penso que sería máis cómodo facelo en santiago porque Laura ten casa, Bea tan casa e au tamén teño, de feito en Nadal hai 2 camas e un sofá libres (amén de moito chan para poñer sacos de durmir rollo stansted). A outra vantaxe e que podemos cear só cos pinchos que dan coas cañas así que teríamos moitos máis cartos para tajarnos... pénsadeo meus nenos e xa diredes. Que tal o día 28/29 ?